domingo, 1 de febrero de 2009

A vida non deixa de dar sorpresas

Se me din hai un mes que vou estar saindo por blogs e xornais, recibindo e-mails como os que teño recibido e dando entrevistas non mo crería...
So podo dicirvos mil veces gracias por todo... pero ben colorada, porque estou a pasar un corte que non vos podedes imaxinar...
Deixovos aquí unha entrevista no blog Alema

Saltou á fama de repente por un blog no que confesa abertamente o seu amor por Alberte Núñez Feijoo e hoxe é a convidada de honra de alema.org en rigorosísima exclusiva. Luguesa e de 23 anos, ilovefeijoo asegura que está “sobrepasada” pola repercusión que tivo a súa bitácora. Ten enriba da mesa tres ofertas para ser entrevistada, pero ela di que prefire manterse no anonimato. “Estudo e moito para que se me coñeza (se se me ha coñecer) por outra cousa; non por isto”, afirma. Con todo, ilovefeijoo tivo a amabilidade de conceder a súa primeira entrevista a alema.org. Así foi a brevísima conversa que mantivemos.


alema: Cal é o teu prognóstico para as eleccións galegas? Cres que Feijoo será presidente?

ilovefeijoo: Pois non estou moi metida en política como tal, pero si percibo sensacións. Teño dúas amigas que si a siguen e das que falei no blog. A María, a do PP, véxoa máis ilusionada; a Evita, percíboa un tanto decepcionada co que votou. Non sei se as sensacións son suficientes e depende de algo máis. Eu estou máis preto de votar que nunca, posto que nunca votei, pero Feijóo, aínda que vai polo bo camiño, ainda me ten que convencer de todo. E convencerme de que paga a pena votar.

alema: Pódese votar un candidato só por unha cuestión de sex-appeal?

ilovefeijoo: Non o creo, pero si pode captar a atención. Posiblemente se non tivera percibido en Feijóo unha persoa afable, unha mirada distinta… pois non me tivera fixado no que di. Pero a través diso conseguiuno e fun a dous mitins e gustoume a súa maneira de abordar a igualdade, a súa maneira de facer as cousas con certa lóxica como collendo o touro polos cornos co AVE ou coas prazas públicas de gardería. Non sei, me gustou ver o seu arroxo (dise así?) e posiblemente nunca o tivera visto se non fora acompañado dun físico agradable, dun atractivo que me mereceu atención.

alema: Que opinión tes de Touriño e de Quintana?

ilovefeijoo: Pois é difícil velos por separado, aínda que eles supoño que son os primeiros que lles gustaría verse por separado. Creo que perderon demasiado o tempo en tonterías, e cando alguén que goberna perde o tempo, pois nos fai perder o diñeiro aos demais. A Touriño véxoo moitas veces como tratando de sobrevoalo todo, como se as cousas non tiveran nada que ver con el. Coño! É o Presidente, digo eu, algo terá que ver. Algo terá que ver co emprego, co AVE ou co coche que lle poñen para viaxar. E a Quintana, pois así de primeiras, véxoo un pouco repetitivo e sobreactuado…

alema: Ata onde estás disposta a chegar por Feijoo?

ilovefeijoo: Ha ha ha. Pois fun xa a dous mitins, fixen o blog, estou a atender a campaña electoral e vou ler o seu programa. Por agora non é pouco…

alema: Verás. Este blog está especializado en cuestións de lingua galega, e ti dixeches na túa bitácora que pasabas ao galego porque el o falaba. Cal pensas que debe ser a estratexia de Feijoo con respecto ao galego?

ilovefeijoo: Creo que os gobernantes teñen que garantir cando se trata de educación, coñecemento, e cando se trata de vida, liberdade. Somos máis libres canto máis coñecemento temos porque así temos máis liberdade para escoller. No meu blog eu escollo libremente a lingua e podo facelo a diferenza dos madrileños, por exemplo. É unha riqueza. Os galegos temos que coñecer o galego e o castelán e deberiamos coñecer o inglés tamén. Non estou de acordo con ningún monolingüismo, si coa liberdade para exercelo

alema: Que opinión tes sobre o reintegracionismo? Cres que algún día o galego e o portugués deben converxer nunha mesma ortografía ou similar?

ilovefeijoo: O que creo é que non debemos ser alleos nin desaproveitar que somos veciños de Portugal, en todos os ámbitos. A min paréceme moi ben que a xente exerza a súa liberdade como o fan os “reintegratas”, o malo é a imaxe que moitas veces (seguro que uns poucos) deixan de todos. Vexo o teu blog e paréceme excelente e argumentado. Vexo pintadas e sucidade, o que lle fai un fraco favor á súa causa, e que molesta o conxunto de todos os cidadáns. En todo caso, se ha de ser, que miren os portugueses cara a Galicia, non os galegos cara a Portugal. Que carai!

Xa coa gravadora apagada, ilovefeijoo confesoume que soubera da campaña ‘bueno é galego’ e que a apoiaba plenamente pero que non ía asinar en facebook ata pasados uns días para que non a recoñezan. E un último aviso: alema non pode garantir a veracidade sobre a identidade real de ilovefeijoo (ela asegúrame que tivo que mirar nun dicionario a definición de “fake“) pero, sexa como for, hai que quitar o sombreiro por semellante iniciativa blogueira. Os meus parabéns!

No hay comentarios:

Publicar un comentario