sábado, 7 de febrero de 2009

El toro por los cuernos


Díxeno, creo, nalgún post ou nalgunha das entrevistas, que me gustara Feijóo cando o vira nos mitines porque tiña unha actitude valiente de enfrontarse aos problemas. Que collía o touro polos cornos. Ó parecer un dos seus candidatos enganouno e non lle dixo que tiña chanchullos con Facenda e el, en canto o soubo, o mandou para casa. Bravo por el. Con un par, sen medianías nin xustificacións. Para casa. Gustoume moito que non o xustificara por ser do seu partido, creo que deu unha lección e deixa claro que é o que non quere. Gustoume. Gústame. Gústasme, Alberto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario