martes, 17 de febrero de 2009

¡IMPOSTORAS!



Levo aturando durante días todo tipo de comentarios que pouco menos que me converten nun ordenador de resposta automática...e fíxate ti...que ó final atopamos a quen realmente eran impostoras. As da foto! É coña, eh... Se chego saber que estaban alí, me metía no grupo desas quince rapazas...ou máis ou menos parecía esa cantidade...que ían vestidas de namoradas de Feijóo... Alí estiven, co meu sombreiro, e con Feijóo de cara cando falaba, pero me foi imposible saltar ó ruedo... coa barreira e a cantidade de xente que había...no era fácil, a verdade... O mitin estivo ben e mal. Por unha parte foi incrible a cantidade de xente que había e os gritos que houbo ó comezar, logo durmirono un pouco os dous ex presidentes. Falou Rajoy, que tivo a súa gracia, pero a min que nin fu nin fa...e chegou Feijóo. Custoulle arrancar con tanto aplauso...así estivo un bo rato agradecendo... pero logo foi ó fondo e con forma me gustou. É certo que xa non son obxectiva, non políticamente, senón que é o meu olliño dereito... pero me gustou. Gustoume el e gustoume a experiencia. Da canción que tocaron ó final... mellor non falamos. Pasei o día dos namorados con el e falou para min. De feito tentou falar tamén cos que non estaban alí, cando dixo que as súas siglas eran Galicia. A min gústame e punto. E o digo...que carallo!

1 comentario:

  1. a mi me gusto bastante el mitin la verdad!! y consegui acercarme a el! jaja

    ResponderEliminar