miércoles, 4 de febrero de 2009

Que bo xenro!...(onde vai?)


¿Alguén sabe a axenda de Feijóo? ¿Sabedes se vai vir a Lugo? Levo uns días desconectada (estudiar, estudiar, estudiar…) e non teño ningunha confirmación de que vaia estar pola cidade ou preto de aquí. María tampouco o sabe. Sigo flipando con todo isto, sobre todo co ruxe ruxe que hai na Facultade sobre quen será a namorada (jejje) e o debate aberto sobre se Feijóo engancha ou non. A min está claro que si me enganchou, que é atractivo. Que me esperta algo, que non me é indiferente. Gustoume de cerca e acadou que me fixara se me gustaba de lonxe. Vai polo bo camiño, el ten que convencerme de que me gusta tamén a súa política pero eu necesito convercerlle de que lle gustou eu…jajaja Quero velo outra vez máis aló da televisión ou a través dos videos da súa web. ¡Que apañadito el recollendo a mesa! Ai nai, que bo xenro eh… (se sabe a miña nai todo isto…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario