miércoles, 4 de febrero de 2009

Namorada...profundamente

Teño moitos emails sen contestar (dicir isto con naturalidade se me fai estraño, a verdade...). A todos vos prometo unha resposta rápida. Os do blog de Galicia Profunda fixéronme unha entrevista e nese blog está o resultado (que corte!). Son esta, aquí está a entrevista, pero non son esta! jajaja

Reproduzo a entrevista:

Falamos coa “namorada” de Feijóo

Non podiamos quedar coa intriga de coñecer un pouco máis á “namorada” de Feijóo. Pero antes de nada, queriamos que vísedes este vídeo que unha moza chamada Alba regaloulle á nosa “namorada”. Nel, Alba fai unha adaptación para Galicia do de Obama girl.

E agora si, logo deste documento sen desperdicio, aquí tes a entrevista que lle fixemos á rapaza de 23 anos que quedou prendada do candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando se cruzou con el pola rúa:

- Realmente estás namorada de Feijoo ou é un blog viral ou un fake?
- Pois mira, cando recibín as túas preguntas…tiven que mirar na wikipedia que era un fake. O namoramento é algo máis complicado, pero si que me gusta Feijóo. Digamos que é un amor platónico, que me anima, que me fai prestarlle atención, que me mobiliza…

- A min tenme toda a pinta de ser fake por frases como “Él busca mi voto. Yo le busco a él”. No caso de non ser así, realmente tanto che gustou Feijoo?
- Impactoume cando tiven a oportunidade de falar con el. Gaña moito en persoa e no trato persoal. Pódeselle ver detalles que unha non percibe nun xornal ou na televisión. Si que me gustou. Vin nel a unha persoa normal. E tanto que me gustou. Para mostra o blog…


- Dis estudar veterinaria, aínda que se estiveras no instituto forrarías a carpeta coas súas fotos. Non terás na habitación algunha foto del?
- Por agora so teño o blog, pero teño unha foto con el do mitin ao que fun en Xinzo e espero acadar unha firmiña de Feijóo nela. Tamén me gusta moito un debuxo que me dedicaron nun blog (
http://montexiabre.wordpress.com/2009/01/31/anticipandose-al-14-de-febrerodia-de-los-enamorados-dicen/) e me enviaron tamén un video moi simpático que vou colgar tamén.

- Conseguiu o teu voto?
- Conseguiu a miña atención, que non é pouco. E conseguiu que me dispoña a ler o seu programa. Cústame máis o feito de votar, que nunca o fixen, que votarlle a el.

- En caso de que o conseguira, que puido máis, o seu físico ou o seu programa político?
- O seu físico, o seu trato, a súa mirada, a súa ternura captou a miña atención. Posiblemente non me tivera fixado no que di se non me gustara. E o que dixo sobre igualdade, sobre o papel da muller na sociedade, me gustou. Tamén me gustou que non se achantara ante nada. Que lle bote..¿impetu?

- Vas intentar estar toda a campaña electoral detrás del?
- É moi complicado coñecer a súa axenda. Na web do pp nunca poñen onde vai estar. Xa fun a dous mitines e me gustou el (os mitines en conxunto son un pouco aburridos). Se teño a oportunidade de repetir, repetirei. Se conseguira cruzarme con el outra vez como a primeira, sería o máximo.

- Xa tes algunha foto del?
- Fotos del hai moitas… fotos con el, como xa te dixen, teño unha coas amigas despois do mitin sobre igualdade no que estivemos en Xinzo. Cando pase todo isto voulla enviar a ver se ma firma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario