sábado, 31 de enero de 2009

Que corte, que corte, que corte!!!!!


Nin máis nin menos que o candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garante prazas de gardería pública para todos os rapaces que o precisen... pero os "focos" están noutro lado: Aquí! Síntome sobrepasada por todo isto, non sei porque foi hoxe e non foi onte ou hai dous días. Non entendo nada, pero de repente na Rede córrese a voz e hai un montón de referencias a isto. (aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí, aquí...). Gracias a todos por tratarme con cariño (e con bastante ironía, tamén...). Nunca me imaxinei algo semellante. Dame un corte alucinante. Tiven que repasar o blog enteiro porque non recordaba se puxera ou meu nome ou non. Afortunadamente non, ainda que falei de María e Evita e quen me coñece imaxino que xa saberá que son. Pequei un pouco de inxenua, na internet, tarde ou temprano, todo se acaba sabendo. Non sei se isto chegaría aos oidos de Feijóo. Espero que non e se é así, que non lle pareza mal. Supoño que todos temos dereito a expresar os nosos sentimentos e as nosas inquedanzas. Acabo de abrir o e-mail. Estou a flipar. Bicos aos habituais e bicos as moitos novos que se achegaron aquí. Un bico Alberto, e disculpa todo isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario